Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva dunha contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo

que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición de equipamento de mobiliario de oficina con destino á Xerencia de Atención Primaria de Vigo (5 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-12/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento de mobiliario de oficina.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 18 de xullo de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: cento noventa e cinco mil novecentos cincuenta euros con IVE incluído (195.950 euros, con IVE incluído); que se desagrega en dúas anualidades:

Para o ano 2002: 19.200 euros.

Para o ano 2003: 176.750 euros.

Lote nº

Descrición dos lotes

Distribución

por anualidades

20022003

1Cadeiras de traballo xiratorias con rodas

e brazos e cadeiras confidente

3.00048.120

2Cadeiras de brazos e confidentes dirección

e xerencia

2.46033.765

3Mesas e armarios8.41049.025

4Mesas e armarios dirección e xerencia4.58033.790

5Complementos75012.050

Adxudicacións:

Lote 1: cadeiras de traballo xiratorias con rodas e brazos e cadeiras confidente.

Lote 2: cadeiras de brazos e confidentes dirección e xerencia.

Lote 3: mesas e armarios.

Lote 4: mesas e armarios dirección e xerencia.

a) Data: 11 de outubro de 2002.

b) Contratista: Tecam, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes 1 (O. BASE), 2 (VAR. 1), 3 (VAR. 1), 4 (VAR. 1), por un importe

de 15.487,60 euros para o ano 2002 e un importe de 138.949,39 euros para o ano 2003 IVE incluído.

Lote 5: mesas e armarios dirección e xerencia.

a) Data: 11 de outubro de 2002.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: por un importe de 558 euros para o ano 2002 e 9.566,80 euros para o ano 2003, IVE incluído.

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División

de Recursos Económicos