Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.314

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación dunha consultoría e asistencia consistente na realización do traballo de campo, gravación e depuración da enquisa piloto de condicións de vida das familias e da enquisa de condicións de vida das familias.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 640.1/2.3.5/07.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: realización do traballo de campo, depuración e gravación da enquisa piloto de condicións de vida das familias e da enquisa de condicións de vida das familias a 224 e 6.304 vivendas repartidas por todo o territorio galego respectivamente.

b) Prazo de execución: nove meses, seguindo o calendario fixado no prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 349.832 euros.

5. Garantía provisional: 6.996,64 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: complexo administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15703.

d) Teléfono: 981 54 13 21.

e) Telefax: 981 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas. No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 80.4º do Regulamento xeral de contratación das administracións públicas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Data: o oitavo día hábil seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións. En caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

c) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2096

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística