Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 17 de decembro de 2002 Páx. 17.316

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Carmen Fraga Crespo.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 323/2002 interposto por Carmen Fraga Crespo na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).

A recorrente, aspirante da categoría de auxiliar de enfermería, pretende a asignación de 10 puntos polo epígrafe de formación postgraduada, un total de 181,787 no concurso-oposición e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2002.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos