Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión celebrada o día 31 de outubro de 2002, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, sendo os acordos adoptados os seguintes:

«Primeiro.-Desestima-las alegacións formuladas por Marcos Blasco Suárez, Ricardo Pérez Carracedo, Constantino Freire Cabanas e Ricardo Guerrero Ameneiros, polas razóns expostas no informe dos técnicos municipais que constan na parte expositiva. Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do polígono de execución integral AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, presentado pola xunta xestora da xunta de compensación da AEI-24,

redactado polo arquitecto Carlos Climent Ortiz, e que comprende unha superficie de 29.587,67 m, situada no barrio de Canido co ámbito recollido nos planos ED-02 e ED-05 que constan no expediente, no que se prevé para a súa execución como sistema de actuación o de compensación segundo acordo do Concello Pleno do 31 de xaneiro de 2002. Terceiro.-Requirir ós propietarios que representen alomenos o 60 por 100 da superficie do polígono, para que, conforme os artigos 126.2º LS/76 e 168.1º RGU presenten, no prazo de tres meses, ante esta Administración, o proxecto de estatutos e de bases de actuación, nos termos previstos nos artigos 166 e 167 do propio regulamento. Cuarto.-Proceder ás publicacións regulamentarias e a súa notificación individual ós propietarios e a quen comparecese no trámite de información pública».

Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, con data do 6 de novembro de 2002, aprobáronse inicialmente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación para realiza-la urbanización do polígono AEI-24, sendo os acordos adoptados os seguintes:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente os proxectos de estatutos e de bases de actuación da xunta de compensación presentados a esta Administración pola xunta xestora do polígono AEI-24 de Poeta Pérez Parallé, incorporados ó expediente administrativo. Segundo.-Somete-los anteriores proxectos a información pública, mediante anuncio publicado no DOG, para alegacións, durante o prazo de vinte días. Terceiro.-Notificar individualmente ós propietarios afectados polo sistema de actuación, para que, durante o prazo de vinte días, a partir da notificación, poidan alegar ante esta Administración o que estimen conveniente ós seus dereitos e solicitar, se for o caso, a incorporación á xunta en vía de constitución».

Ignorándose o domicilio dos propietarios das parcelas con referencia catastral 12503065, 12503086, 155123834, 165322845 e 165323448 notifícanselles mediante este edicto os acordos descritos anteriormente, conforme o establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que se fai público para xeral coñecemento, podéndose interpor contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición perante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común na súa redacción dada pola Lei 4/1999, sen prexuízo da posibilidade de interpor directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación deste edicto no DOG e na forma pre

vista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 2 de decembro de 2002.

Xaime Bello Costa

Alcalde