A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 7-10-2002, acordou aprobar definitivamente o plan especial de mellora do núcleo rural tradicional de Rosende, do PXOU vixente, solicitado por Hermanos Martínez-Pérez Batallón, C.B.
Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.
Lugo, 11 de novembro de 2002.
Mª Eva Martín Minguela
Vicesecretaria
Visto e prace
P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)
José Ramón Gómez Besteiro
Tenente alcalde delegado de Área