Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso (referencia L2002/8).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: L2002/8.

2. Obxecto do contrato: limpeza. a) Lugar de execución: Palacio Municipal de María Pita. b) Prazo de execución: dous anos, prorrogándose ata un máximo de catro.

3. Tramitación: ordinaria. Procemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 216.000 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 4.320 euros.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación necesaria: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual. e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 26 de novembro de 2002.

P.D.

Carlos González-Garcés

Tenente alcalde delegado de Contratación