Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de concurso.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación por concurso da prestación do servicio de escolas deportivas municipais de ximnasia de mantemento-aeróbic en centros deportivos privados.

-Orzamento:

Prezo por persoa e mes: 30 euros.

Importe anual máximo estimado: 27.000 euros.

O anuncio de licitación publicouse no BOP nº 274, do 29 de novembro, do ano no que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da casa do concello, e na páxina web: http//www.cambre.org/publicaciones, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días.

O prazo para presenta-las proposicións e demáis documentación será de quince días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 29 de novembro de 2002.

P.D. (R.A. 23-7-1999)

Augusto Rey Moreno

Primeiro tenente alcalde