Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a adxudicación da obra que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Universidade de Vigo.

Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Nº de expediente: 424/2002.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: urbanización da reforestación do Campus Universitario das Lagoas-Marcosende.

Categoría CNPA: 45.11.1/45.11.2 b) Prazo de execución: 3 meses. c) Lugar de execución Campus de Vigo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 395.881,07 A.

5. Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Enderezo: r/ Areal, 46, anexo, 3ª andar.

Localidade e código postal: Vigo-36201.

Telefono: 986 81 35 56.

Telefax: 986 81 38 57.

Data límite de obtención de documentos e información: o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Clasificación esixible: grupo C; subgrupos 2, 6; categoría E.

Outros requisitos: os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación de ofertas: o vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. Enderezo: r/ Areal, 46, edificio anexo, planta baixa. Localidade e código postal: Vigo-36201.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo.

Domicilio: r/ Areal, 46-1ª planta.

Localidade: Vigo-36201.

Data: o terceiro día hábil seguinte ó da data de remate do prazo de presentación de ofertas.

Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: serán a cargo do adxudicatario.

Vigo, 9 de decembro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo