Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 376 de cualificación do monte Seixo e Fial de Lamas, pertencente ó lugar de Enxilde, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expe

diente nº 376, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Seixo e Fial de Lamas.

Comunidade: Lugar de Enxilde.

Parroquia: Arcos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 61 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P.

Norte: propiedades particulares de veciños de Enxilde, do piquete 129 ó 141 do deslindamento, seguindo a orde de piquetes. Rego de Reveiratorta, que o separa do monte veciñal de Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, seguindo o dito rego do piquete 141 ó 15. Leste: monte Ruña de Colúns, seguindo restos de muro, desde o piquete 15 ó 17 seguindo a orde de piquetes. Sur: máis monte Pedregal e Ruña, seguindo unha liña recta que une o piquete 17 co final do muro de Fial de Lamas, no punto Petón Grande. De aquí segue a liña que marca un anaco de muro ata o punto Porreiras de Abaixo, e deste último segue en liña recta ata o piquete 118. Muro que o separa de predios particulares de Enxilde, Cabanude e Curra, do piquete 118 ó 24, seguindo a orde de piquetes, no punto denominado Pedras Pousadeiras. Oeste: propiedades particulares de veciños de Enxilde, desde o piquete 124 ó 129, seguindo a orde de piquetes.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor