Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 377 de cualificación do monte da Graña, da Pedra, e San Roque, pertencentes á parroquia de Larín, concello de Arteixo.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 377, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: Da Graña, Da Pedra e San Roque.

Comunidade: parroquia de Larín.

Parroquia: Larín.

Concello: Arteixo.

Superficie: 29,11 ha.

Lindeiros:

Parcela A) Monte Da Graña. Superficie: 16,62 ha.

Norte: predios de Álvaro Ferro, Obdulia Varela, e montes privados dos veciños de Lañas e Larín. Leste: hdros. de Manuel Parada, estrada de Larín a Sta. Leocadia, hdros. de Manuel Parada, e monte Da Graña. Sur: regato que o separa de predios de José Rodríguez, Hércules Club de Golf, e hdros. de Ramón García. Predios de María Cambón, José Rodríguez, Encarnación Pérez e Antonio e Santiago Castro. Estrada de Larín a Sta. Leocadia. Oeste: predios de Ramón Vázquez, José Rodríguez, hdros. de Gumersinda Añón, Jesús García, José Parga, monte de Antonio Castro, José Parga e Hércules Club de Golf.

Parcela B) Monte Da Pedra. Superficie: 7,33 ha.

Norte: predios de Elvira García, Manuel Bugallo, e Melchor Freire e outros. Leste: estrada de Erboedo a Larín. Estrada de Coiro a Larín. Sur: predio de Carmen Zas. Camiño que o separa de predios de Francisco López e Obdulia Varela. Oeste: estrada de Paiosaco a Larín.

Parcela C) Monte San Roque. Superficie: 5,16 ha.

Norte: estrada de Larín ós montes de Lañas. Leste: predio de Gumersinda Canedo, camiño, e predio de Manuel Cambón. Sur: estrada de Larín a Sta. Leocadia. Oeste: estrada de Larín a Sta. Leocadia.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor