Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de construcción de explotación porcina para 2.400 nais en Coirós (A Coruña), promovido por Pablo Rosende Nodar.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental mencionado.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia da Coruña.

-Concello de Coirós.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2002.

José Luis Díez Yánez

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental