Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de moenda de cemento e ensacado, no concello de Ponteareas (Pontevedra), promovido por Clinker Salceda, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de moenda de cemento e ensacado no concello de Ponteareas (Pontevedra).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, poranse ó dispor dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Pontevedra.

-Concello de Ponteareas.

-Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

José Luis Díez Yáñez

Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental