Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 10 de outubro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 375 de cualificación do monte De Urroa, pertencente ó lugar de Urroa, parroquia de Vimianzo, concello de Vimianzo.

Perante este Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 375, de cualificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Monte: de Urroa.

Comunidade: lugar de Urroa.

Parroquia: Vimianzo.

Concello: Vimianzo.

Superficie: 20,23 ha.

Lindeiros:

Parcela A) Monte de Urroa. Superficie: 19,63 ha. Situada xunto ó lugar de Urroa.

Norte: muro de pedra que o separa do predio particular Pedra Ventosa. Leste: camiño a Urroa que o separa do predio particular Prado da Vela. Muro de pedra que o separa dos predios particulares Gandariñas e Pedreira. Camiño. Sur: camiño a Casais. Lugar de Urroa. Camiño que o separa do predio particular Cucheiras. Oeste: camiño. Muro de pedra que o separa do predio particular O Cuco. Predios de José Antelo, Francisco Bermúdez, Jesús Mouzo e José Gándara. Camiño e muro de pedra que o separa dos predios particulares A Mina, Pedra da Xesta, Punceira Grande e Milladoiro.

Parcela B) Punceira. Superficie: 0,60 ha. Situada ó oeste da parcela anterior.

Norte, leste, sur e oeste: predios particulares de veciños de Urroa.

En virtude do acordado polo xurado e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de outubro de 2002, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación

co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de outubro de 2002.

Ana María Díaz López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor