Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial CO-P-0082.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte, en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos (A Coruña). Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de novembro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-P-0082.

Denunciado: José María Fariña Facal.

DNI: 79320052.

Último domicilio coñecido: rúa Xesta, 4-4º D, Carballo (A Coruña).

Feitos denunciados: pescar sen licencia e pescar en zona vedada.

Tipificación: Lei 7/1992, de pesca fluvial, artigo 34.1º e 34.6º, este en relación co artigo 9 e anexo II da Orde do 15-2-2001 da consellería.

Cualificación: menos grave.

Sanción imposta: 300,51 euros de multa e inhabilitación dun ano.