Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de residuos CO-R-2002/0029 e outro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción administrativa contra a Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos (DOG nº 96, do 22 de abril), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-118/1 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples Monelos (A Coruña). Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

De conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, de modiicación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Trasncorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será executiva para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 13 de novembro de 2002.

Higinio José Sánchez-Rodilla Fuentes

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-R-2002/0029.

Denunciado: José Manuel Pena Deibe.

DNI: 32634628-C.

Último domicilio coñecido: rúa Codesal, 60, Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: non entrega-los residuos perigosos a xestor autorizado. Almacenamento inaxeitado dos residuos.

Tipificación: Lei estatal 10/1998, de residuos. Art. 34.4º d).

Cualificación: leve.

Sancion imposta: 601,01 A de multa.

Expediente: CO-R-2002/0587.

Denunciado: Empresa T.C. Gas, S.L.

CIF: B-15393705.

Último domicilio coñecido: rúa Cortiñán, par. 19 B, Bergondo (A Coruña).

Feitos denunciados: vertedura dun depósito de propano.

Tipificación: Lei estatal 10/1998, de residuos. Art. 34.4º d).

Cualificación: leve.

Sancion imposta: 150,25 A de multa.