Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación do expediente de sanción por infracción na orde social 59/2002.

Notifícaselle, de conformidade co establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, á empresa que a continuación se relaciona, ó non se lle poder notificar por correo certificado, a resolución dictada no expediente de sanción, por infracción na orde social (materia laboral, seguridade e hixiene e saúde laboral). O seu enderezo, a identificación, o número do expediente, a contía da sanción e a disposición infrinxida cítanse a seguir:

Empresa: Informat. y Com. S.A.

Domicilio: estrada vella de Santiago de Compostela, nº 78, Lugo.

NIF: A15058852.

Nº expediente: 59/2002.

Contía: anulada.

Disposición infrinxida: artigo 4.2º a) do Real decreto lexislativo 1/1995.

Contra esta resolución o interesado poderá interpor recurso de alzada, polo conducto desta delegación, perante o director xeral de Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Lugo, 7 de novembro de 2002.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo