Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.293

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 13 de novembro de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública a petición do permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento auxiliar de cultivos mariños.

Para os efectos previstos na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, sométese a información pública a petición de permiso de actividade do establecemento que se describe:

Características do establecemento:

Tipo: estación depuradora.

Nome: Francisco Javier Santos Vilar.

Actividade: eliminación de xermes patóxenos.

Especies: moluscos.

Ubicación: r/ Cantón de Miguel Feijoo, nº 12, Camariñas (A Coruña).

Solicitante: Francisco Javier Santos Vilar.

DNI: 33282852-N.

O expediente, integrado polo proxecto e documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura. Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño, 63-65, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: 20 días hábiles contados a partir do seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS