De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.
Nº de expediente: PESAN1 2001/000185-5.
Denunciado: Francisco Javier Fernández Abreu.
DNI: 36063496-W.
Enderezo: Alcázar de Toledo, 7 int., piso 7º N, Vigo.
Precepto infrinxido: 6.12º.
Sanción: 3.005,06 euros.
Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.
De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita delegación territorial o documento de ingreso correspondente.
Vigo, 20 de novembro de 2002.
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Vigo