Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 250/2002.

De conformidade co disposto no art. 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola delegación provincial de sanidade da Coruña, por incumprimento da Lei 14/86, xeral de sanidade, do 25 abril, e o R. d. 1945/83, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte á publicación deste acordo, en virtude do disposto no art. 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora; dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións e, no caso de non presentalas, segundo o art. 13.2º do dito regulamento 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador Secretaría 250/2002.

Denunciado/a: El Rincón del Manzano, S.L.

DNI/CIF: B1573991.

Último enderezo coñecido: Sobre a Igrexa, nº 1. Bergondo.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: trescentos euros con cincuenta e un centimos.

A Coruña, 25 de outubro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña