Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de revogación da resolución de extinción da entidade ADS Asociación Gandeiros Budiño, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á entidade ADS Asociación Gandeiros Budiño, co último domicilio coñecido que se sinala no anexo, o acordo de iniciación do expediente de revogación da resolución pola que se que se extinguía o recoñecemento como agrupación de defensa sanitaria gandeira da referida entidade.

Contra este acordo non cabe interponer recurso, aínda que os interesados, conforme o establecido no artigo 107.1º da Lei 30/1992, antes mencionada, poderán realizar alegacións para oponerse a el, co obxecto de que se tome en consideración na resolución que poña fin ó procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Política

Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: acordo de iniciación de expediente de revogación.

Interesado: ADS Asociación Gandeiros Budiño.

Representante: José Miguel Cuevas Budiño.

Último enderezo coñecido: Visantoña- Cruceiro da Coruña, 23, 1ºD, Santiago de Compostela. 15705 A Coruña.

Resolución afectada: Resolución do 13 de xuño de 2002, da Dirección Xeral de Producción e Sanidade Agropecuaria, pola que se extinguía o recoñecemento como Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira do Interesado.