Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.268

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo de siderometal e talleres de reparación de vehículos da provincia de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo de siderometal e talleres de reparación de vehículos da provincia

de Ourense (código de convenio número 3200305), con entrada nesta delegación provincial o día 18 de outubro de 2002, subscrito con data 14 de outubro de 2002, dunha parte pola Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave), a Asociación de Concesionarios de Automóviles de Ourense (Acauto) e a Asociación de Instaladores Electricos de Ourense (Instaelectro), en representación da parte económica, e doutra polas centrais sindicais, Convergencia Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT), e Comisións Obreiras (CC.OO.), en representación dos traballadores do sector.

Esta delegación provincial:

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común;

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de outubro de 2002.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial de siderometal

e talleres de reparación de vehículos da provincia

de Ourense 2002-2003

Capítulo I

Extensión e ámbito do convenio colectivo

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afecta a tódalas empresas situadas na provincia de Ourense, rexidas pola ordenanza laboral para as industrias siderometalúrxicas, sen outra excepción que as empresas que concertasen ou concerten no futuro un convenio colectivo de ámbito de empresa cos seus traballadores, sempre e cando as súas condicións sexan superiores globalmente ás do presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afectará a todo o persoal que preste os seus servicios nas empresas encadradas no ámbito

de aplicación, salvo o que realiza traballos de alta dirección ou alta xestión da empresa.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O presente convenio entrará en vigor para tódolos efectos o 1 de xaneiro de 2002, independentemente da súa publicación no BOP. Será de aplicación ata que se asine outro ou outros que o substitúan.

Establécese unha duración de dous anos, é dicir, ata o 31 de decembro de 2003 prorrogable tacitamente de ano en ano a partir do 2003 en períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por ningunha das partes que o subscribe antes do termo da súa vixencia inicial ou de calquera das súas prórrogas. Os requisitos formais e efectos da denuncia quedan establecidos no artigo 89 do Estatuto dos traballadores.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 4º.-Productividade.

O fin primordial do presente convenio colectivo é mellora-la productividade das empresas logrando, ó mesmo tempo, unha elevación das retribucións dos traballadores como consecuencia da implantación do sistema de organización científica do traballo, debe producirse cos mesmos custos totais e obte-la a mesma cantidade de producción cun custo total inferior, resultando de ámbalas maneiras uns beneficios para comunidade no seu conxunto. Para iso, como consecuencia deste convenio xorde a recomendación ás empresas, no que sexa posible, para que sigan unha técnica organizativa que as leve a unha total racionalización. O sistema de traballo que teña que empregarse será de libre iniciativa da empresa. Non obstante, calquera que sexa o sistema, deberá axustarse ás regras que se sinalan no presente convenio, sen prexuízo da súa aprobación pola autoridade laboral competente e representantes dos traballadores.

A actividade normal de traballo é a desenvolvida polo operario medio que actúa baixo a dirección competente, pero sen estímulo dun sistema de remuneración por rendemento e sen coacción ningunha, isto é, a cantidade de traballo desenvolvida efectivamente por un obreiro capacitado, realizando unha actividade mínima normal equivalente a 4,8 km/hora e que fora determinada por unha correcta cronometraxe.

A actividade normal vén determinada por cen unidades centesimais ou sesenta puntos de Bedaux ou o seu equivalente noutros sistemas de medición que sexan aceptados internacionalmente.

A actividade óptima é a que poida desenvolver un traballador activo adestrado no traballo e que logre nel, con seguridade, o nivel de calidade e precisión fixados pola tarefa. Esta actividade está valorada en 140 unidades centesimais ou 80 puntos de Bedaux ou o seu equivalente. Será sancionable todo traballador que non alcance a actividade normal

durante tres días consecutivos ou 5 alternos no período de 30 días. En cada caso, a empresa, para efectos de sanción apreciará a gravidade da falta á vista dos feitos producidos. Así mesmo, será obxecto de sanción o productor que de maneira reiterada manteña a actividade inferior á normal.

Establécese, especificamente, que a facultade de organización práctica do traballo corresponde á dirección da empresa logo de audiencia e informe dos representantes dos traballadores, e en consecuencia, sinálanse entre outras as seguintes funcións:

a) Esixencia da actividade normal fixada polo convenio.

b) Adxudicación do número de máquinas ó traballador a rendemento normal.

c) Mobilidade e cambio de persoal nas empresas de acordo coas necesidades da organización e da producción, na forma sinalada regulamentariamente. Nas empresas onde se establezan sistemas de incentivos á actividade normal corresponderá a gratificación de carencia de incentivos do presente convenio. Nestas empresas o dito sistema deberá ser aprobado de mutuo acordo entre a dirección e os representantes dos traballadores, non deben aplicarse penalizacións ata tres meses despois de establecerse, considerándose o dito período como de proba.

En ningún caso poderá penalizarse a falta de productividade e a falta de puntualidade e asistencia á vez.

Artigo 5º.-Repercusión de prezos.

Faise expresa mención que as melloras do presente convenio terán repercusión no prezo dos productos ou servicios a que esta actividade se refire.

Artigo 6º.-Postos de traballo e categorías profesionais.

Serán as que se determinan e clasifican no anexo I.

Artigo 7º.-Traballos de superior categoría.

Tódolos traballadores, en caso de necesidade poderán ser destinados a traballos de categoría superior co salario que corresponda á dita categoría. Non pode ser este cambio de duración superior a 2 meses. Se un traballador ocupa un posto de categoría superior durante 12 meses alternos, consolidará o salario da dita categoría. No dito suposto o traballador pasará á categoría superior, en todo caso aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Diminuídos físicos.

Todo traballador que padeza algunha incapacidade física será destinado a ocupa-los postos de traballo acordes coas súas aptitudes.

Artigo 9º.-Reserva do posto de traballo en caso de invalidez provisional.

Os traballadores que cesaran na empresa por causa de invalidez provisional, teñen dereito a ser decla

rados aptos para o traballo e ser reintegrados no posto de traballo que con carácter normal ocupaban na empresa na data na que causaron baixa e no posto adecuado ás súas condicións.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro do mes seguinte á data de declaración de aptitude.

Artigo 10º.-Protección ó embarazo.

Entendémo-lo embarazo como unha función social e non como un tema de única afectación á muller. A traballadora xestante terá dereito a ocupar, durante o seu embarazo, un posto de traballo e/ou a quenda distinta á súa, se a prescrición do especialista que atende o seu embarazo así o aconsellara, polo que o comité de saúde laboral, ou representante das/dos traballadoras/es, proporá á empresa o cambio de posto de traballo e/ou quenda. Se a empresa se negase, denunciarase á inspección de traballo, quen deberá pronunciarse no prazo de tres días. Este cambio de posto de traballo non suporá modificación na súa categoría, nin mingua nos seus dereitos económicos. Finalizada a causa que motivou o cambio, procederase á súa reincorporación ó seu destino orixinal. Ante a imposibilidade de cambio de posto de traballo, a traballadora embarazada pasará a situación de IT tal como se considera anteriormente, logo do informe do médico especialista.

Artigo 11º.-Principio de igualdade de oportunidades e de trato.

Ningún traballador ou traballadora poderá ser discriminado ou discriminada en razón do seu sexo. Tódolos traballadores/as teñen dereito ó respecto á súa dignidade e á protección da súa intimidade. Polo tanto, en consonancia coa lexislación vixente os comités de empresa e/ou representantes das/dos traballadoras/es vixiarán o cumprimento das seguintes normas:

a) Que non figure nas condicións de contratación ningún requisito que supoña discriminación por sexo.

b) Que non se produzan diferencias nas denominacións dos postos de traballo en función por sexo.

c) Que ningún/nha traballador/ra poderá ser obxecto de decisións e/ou condicións, ou calquera clase de medidas, que comporten un trato discriminatorio en materia de salarios, promoción, conservación do posto de traballo, etc., en razón do seu sexo.

d) Ningún/nha traballador/ra poderá ser discriminado/a, sancionado/a ou despedido/a por cuestións relativas á súa intimidade, sempre que non afecten á actividade laboral.

e) Evitarase na redacción do convenio a linguaxe sexista.

Capítulo III

Formación e ingreso do persoal

Artigo 12º.-Período de proba.

O período de proba será de 15 días para os seguintes traballadores: peón, especialista, oficial de 3ª, oficial de 2ª e oficial de 1ª. Para as demais categorías estarase ó establecido no Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Rexistro de persoal.

Mantense a obriga de levar un rexistro xeral do persoal dentro de cada empresa. Os modelos de cotización á Seguridade Social serán expostos no taboleiro de anuncios.

Artigo 14º.-Prohibición de discriminación.

Prohíbese toda discriminación por razón de sexo, idade ou nacionalidade dos traballadores en materia salarial de promoción e ascenso.

Artigo 15º.-Situación laboral dos traballadores.

As empresas entregarán ós traballadores que o soliciten dentro dos dez días seguintes á súa incorporación ó traballo copia da acta debidamente dilixenciada polo organismo competente.

Artigo 16º.-Cláusula xeral sobre formación.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo, deriva do afastamento da formación profesional respecto de necesidades auténticas de man de obra e da carencia dunha formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, en tódalas súas modalidades (inicial ou continua) e niveis, debe ser considerada como un instrumento máis de significativa validez, que coadxuve a logra-la necesaria conexión entre as cualificacións dos traballadores e os requirimentos do mercado de traballo (emprego). E, nunha perspectiva máis ampla, ser un elemento dinamizador que acompañe ó desenvolvemento industrial a longo prazo, permita a elaboración de productos de maior calidade, que favoreza a competitividade das nosas empresas españolas no ámbito internacional, e faga posible a promoción social integral do traballador, promovendo a diversificación e afondamento dos seus coñecementos e habilidades de modo permanente.

Para estes efectos, as partes asinantes cren conveniente:

-Realizar, por si ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector.

-Desenvolver e promove-la aplicación efectiva do artigo 22 do Estatuto dos traballadores, así como dos convenios internacionais subscritos por España, referentes ó dereito á formación continua, facilitando o tempo necesario para a formación.

-Propor e executar accións formativas nas súas diversas modalidades e niveis, xa sexa con programa que poida impartirse nos centros de formación de empresa, ou os que no futuro puideran constituírse, como a través dos programas nacionais ou internacionais desenvolvidos por organismos competentes.

-Colaborar, segundo as propias posibilidades ou mediante entidades especializadas, no diagnóstico e deseño de programas puntuais de formación nas empresas, tendo en conta as especificacións e necesidades concretas, así como as características xenéricas ou individuais dos traballadores afectados.

-Coordinar e segui-lo desenvolvemento de formacións en prácticas dos alumnos que sexan recibidos polas empresas, no marco dos acordos asinados a nivel sectorial ou por empresas.

-Avaliar de maneira continuada tódalas accións emprendidas, co fin de revisa-las orientacións, promover novas actividades e autoriza-la definición dos obxectivos da formación profesional.

-Nesta perspectiva, as partes asinantes do presente convenio consideran conveniente que as empresas desenvolvan, neste sentido, procesos formativos (diagnósticos, programación, cursos, avaliación), podéndose constituír en empresas de máis de 250 traballadores, comisións paritarias de estudio, sendo os seus obxectivos a avaliación e información sobre o proceso formativo da empresa.

Artigo 17º.-Traballadores en formación laboral.

As relacións laborais entre empresa e traballadores, con contrato para a formación laboral, rexeranse polas seguintes normas:

-Os menores de 16 anos non poderán ser contratados en ningunha empresa.

-Toda relación laboral con traballadores menores de 18 anos revestirá a forma legal de contrato para a formación laboral, salvo que o traballador dispoña de titulación profesional.

Artigo 18º.-Medidas de fomento do emprego e da contratación laboral.

O contrato de duración determinada da modalidade de eventual por circunstancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos, regulado no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción establecida pola Lei 12/2001, poderá ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período máximo de 18 meses.

Esta duración máxima será aplicable tanto ós novos contratos desta modalidade asinados a partir da entrada en vigor do presente convenio como ás prórrogas dos contratos de traballo vixentes antes da súa entrada en vigor.

Artigo 19º.-Fomento da contratación indefinida.

Durante a vixencia do presente convenio, a conversión en indefinidos daqueles contratos que se concertasen con carácter temporal ou por duración

determinada, acolleranse ó disposto na alínea b), punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, de medidas urxentes para a mellora do mercado de traballo e fomento da contratación indefinida, en virtude da cal estes contratos quedarán incluídos no réxime previsto para os contratos de fomento da contratación indefinida.

Artigo 20º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas polo presente convenio, cando contraten os servicios das ETT, esixirán a estas que garantan ós traballadores postos á súa disposición as condicións económicas e sociais establecidas no presente convenio.

Capítulo IV

Retribucións do persoal

Artigo 21º.-Salario base.

O salario base por categoría especifícase no anexo I do convenio (1ª columna).

Artigo 22º.-Complemento persoal por antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade continúa fixado en quinquenios do 6% sobre o salario base.

Artigo 23º.-Gratificación de carencia de incentivos.

As empresas que non teñan regulada a retribución do traballador en función do rendemento, establécese a remuneración da gratificación de carencia de incentivos como prima de productividade e asistencia. A gratificación aboarase mensualmente.

O dereito ó percibo desta gratificación perderase total ou parcialmente polas seguintes causas:

-O 25% da gratificación correspondente ó salario dun día por falta de puntualidade de ata 5 minutos. A reincidencia neste tipo de falta gravarase co 50%.

-O 75% da gratificación correspondente ó salario dun día por falta de puntualidade superior a 5 minutos e ata media hora.

-O 100% por máis de media hora, sen chegar ó día completo.

-O correspondente a dous días por cada falta de asistencia.

O abandono do traballo antes da hora sinalada, a non incorporación á hora xusta de comezalo e as interrupcións inxustificadas consideraranse como faltas de puntualidade para estes efectos.

A gratificación de carencia de incentivos será aboada pola segunda columna da táboa salarial e por día efectivo de traballo. Para efectos de percepción da gratificación, o sábado entenderase como día efectivamente traballado.

Artigo 24º.-Traballo da muller.

Se a realización de tarefas consideradas tóxico-penosas, molestas ou insalubres afectasen á situación de embarazo ou maternidade, terán que ser excluídas para a muller.

Artigo 25º.-Gratificación de traballos especiais.

As porcentaxes que se aboarán por tales traballos regulados na ordenanza laboral, serán do 25, 30 e 35 por cento.

Artigo 26º.-Gratificación de xefe de equipo.

De acordo co establecido no artigo 79 da ordenanza laboral do siderometal, o xefe de equipo percibirá unha gratificación consistente nun 20% sobre o salario base da súa categoría.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse de acordo co establecido na ordenanza laboral do siderometal. En canto á contía, serán aboadas segundo a nómina mensual normal e farense efectivas o 15 de xullo e o 15 de decembro.

Artigo 28º.-Servicio militar.

Durante o tempo que se preste o servicio militar voluntario ou obrigatorio, o traballador ten dereito á reserva do posto de traballo que se estenderá ata 30 días despois de licenciado, e á percepción das pagas extras na mesma contía que se estivera traballando.

Artigo 29º.-Gratificación de nocturnidade.

Aboarase a dita gratificación cun 25% sobre o salario base conforme o disposto na ordenanza laboral do siderometal.

Artigo 30º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio estiman que a reducción de horas extraordinarias é unha vía adecuada para a creación de emprego e coinciden na recomendación de reducilas.

Poderanse realizar horas extraordinarias motivadas por forza maior e as estructurais, entendendo estas últimas como as necesarias en períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda o as de carácter estructural derivadas da natureza do traballo de que se trate ou mantemento. Todo iso sempre que non poidan ser substituídos por contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei. A realización das ditas horas notificarase mensualmente á autoridade laboral conxuntamente por empresa e comité ou delegados de persoal, se é o caso.

Tamén en relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento deste artigo será considerado falta grave para efectos do Estatuto.

Artigo 31º.-Incapacidade temporal.

Durante o período que o traballador afectado polo presente convenio estea de baixa como consecuencia de accidente laboral ocorrido na empresa, durante as horas de traballo ou nos desprazamentos que se efectúen fóra do seu lugar habitual, por necesidade da empresa e polo tempo indispensable de ida e volta, excluíndose o accidente in itinere, este per

cibirá o 100% do seu salario, debendo aboar en consecuencia a empresa a diferencia, é dicir o 25% restante.

Igualmente o traballador terá dereito ó 100 por cento do seu salario en caso de hospitalización durante o tempo que dure calquera clase de IT. Neste suposto de hospitalización inclúese o accidente in itinere.

Así mesmo, en caso de accidente fóra da xornada laboral, os traballadores terán dereito ó 100 por cento do seu salario mentres dure a hospitalización ata un máximo de 30 días.

No caso de IT, por enfermidade común, o traballador percibirá durante os tres primeiros días o 60% do seu salario na primeira baixa do ano.

Artigo 32º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán desde o primeiro día a roupa de protección e hixiene necesarias, segundo a lexislación vixente. O persoal obreiro percibirá dúas fundas ou pezas semellantes ó entrar no traballo por primeira vez e unha máis cada seis meses.

Capítulo V

Xornada de traballo e vacacións

Artigo 33º.-Xornada de traballo e horarios.

A xornada de traballo durante a vixencia do presente convenio, será de 40 horas semanais. A devandita xornada será en cómputo anual de 1.784 horas.

Para adapta-la a xornada laboral efectiva ó mencionado cómputo anual, corresponden catro días libres. Para estes efectos serán inhábiles no sector os días 24 e 31 de decembro. Os dous días restantes desfrutaranse de común acordo entre a empresa e o traballador.

Dentro do concepto de traballo efectivo entenderanse comprendidos os tempos horarios empregados nas xornadas continuadas, como descanso ou outras interrupcións, cando por normativa legal ou acordo entre as partes ou pola propia organización se entendan integradas na xornada diaria de traballo. A este respecto establécese un período mínimo de 15 minutos.

O horario establécese de luns a venres salvo en empresas con tres quendas e que teñan necesidade de compensación de horas. Neste caso, poderá traballarse o sábado ata compensa-la xornada.

Artigo 34º.-Vacacións.

As vacacións consistirán no disfrute de 30 días naturais. O salario que se percibirá durante estas será igual ó de unha nómina normal do mes. Desfrutaranse preferentemente nos meses de xuño, xullo e agosto, confeccionando o calendario nos tres primeiros meses do ano, antes do 31 de marzo. O traballador deberá coñecer, en todo caso o dito calendario con dous meses de antelación á data do seu desfrute.

No caso de que o traballador se encontre de baixa antes do desfrute das vacacións, estas posporanse, fixándose un novo período. En caso contrario, se a baixa se producise durante as vacacións, estas seguirán correndo ata cumprirse o período correspondente.

Capítulo VI

Gastos de locomoción, manutención e estadía

Artigo 35º.-Desprazamentos e axudas de custo.

Se por necesidade e conveniencia da empresa tivera que desprazarse o traballador a prestar traballos a outros centros, o tempo que se invista no desprazamento, desde o seu centro de traballo ata aquel en que deba presta-los seus servicios, deberá coincidir coa xornada establecida.

Se como consecuencia dun desprazamento, tivera que inicia-la viaxe antes de dar comezo a súa xornada ou se como consecuencia do seu regreso ó seu punto de partida, este se producise unha vez superada a hora oficial de terminación da xornada, o traballador percibirá o tempo de exceso de xornada como horas extraordinarias.

O importe da axuda de custos completa será de 23,14 euros (3.850 pesetas), e o da media axuda de custos de 11,02 euros (1.864 pesetas). Tamén se poderá establecer no lugar das axudas de custo anteriores o sistema de gastos para xustificar.

As empresas de nova situación e as que nun futuro trasladen ó seu centro de traballo fóra do centro urbano aboarán ós traballadores o importe do desprazamento que se realice en autobús público, ou ben facilitarán o medio de transporte para o traslado dos traballadores ó centro de traballo, tanto de ida como de volta.

Capítulo VII

Prestacións especiais

Artigo 36º.-Premio de compensación por antigüidade.

Os traballadores que causen baixa na empresa a partir dos 60 anos e ata os 65, terán dereito ó desfrute de vacacións retribuídas. Se a baixa se producise ós 60 anos as vacacións terán unha duración de 6 meses, reducíndose un mes por cada ano, ata alcanza-los 65.

Os traballadores que cesen ós 65 anos de idade percibirán un mes de vacacións retribuídas. Se unha vez cumpridos os 65 anos de idade e 6 meses o traballador non solicitase a xubilación, o traballador perderá o dereito a gozar deste complemento.

Estas cantidades serán calculadas sobre salario real. Para recibilas deberán solicitarse no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente.

O desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente antelación ó seu vencemento efectivo, debendo o traballador comunicarlle de forma

constatada a súa decisión á empresa. Esta entregaralle ó traballador que solicite o premio de vacacións dun certificado acreditativo do seu goce, no que constará o número de meses ós que se ten dereito.

Artigo 37º.-Seguro colectivo.

As empresas deberán concertar con primas íntegras ó seu cargo unha póliza de seguros que cubra as seguintes indemnizacións:

-Morte por accidente laboral ou común, ou enfermidade profesional: 27.045,54 euros.

-Invalidez permanente absoluta para todo traballo, invalidez permanente total e gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou común ou enfermidade profesional: 27.045,54 euros.

Para o persoal de nova incorporación a póliza de seguro establecida no presente artigo deberá concertarse no prazo dun mes a partir da contratación do traballador.

Capítulo VIII

Permisos, licencias, faltas e sancións

Artigo 38º.-Permisos e licencias.

-Matrimonio do traballador/a: 15 días.

-Por parto de esposa: 4 días.

-Por parto de muller traballadora: segundo a lexislación vixente.

-Por morte ou enfermidade grave de cónxuxe, pais, irmáns, pais políticos, avós, netos e fillos, o tempo indispensable, como mínimo: 2 días.

-Por morte de irmáns políticos, avós políticos e tíos: 2 días.

-Por morte de tíos políticos: 1 día.

-Por exames, o tempo necesario con xustificación.

-Por consulta médica, o tempo necesario con xustificación.

-No caso de que o feito causante ocorra fóra da provincia, corresponderá un día máis.

-O traballador/a que teña ó seu cargo algún diminuído físico ou psíquico, terá dereito a unha reducción da xornada de alomenos un tercio coa correspondente reducción salarial.

Artigo 39º.-Réxime disciplinario.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto á intimidade e/ou contra a liberdade das traballadoras e traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas, serán conceptuadas como faltas moi graves, tódalas contempladas na Lei de infraccións e sancións na Orde social do 7 de abril de 1988. Nos supostos en que se leve a cabo servíndose da súa relación xerárquica coa persoa afectada e/ou sobre persoas con contrato laboral non indefinido, a sanción aplicarase no seu grao máximo.

O comité de empresa, sección sindical ou representante dos traballadores/as, e a dirección de per

soal da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador/a afectado/a procurando silencia-la súa identidade.

Os/as traballadores/as afectados por esta situación terán dereito a cambio de posto de traballo sempre que o soliciten.

Artigo 40º.-Competencias do comité de empresa e delegados de persoal.

O comité de empresa terá as seguintes competencias segundo o disposto no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

1. Recibir información que lle será facilitada trimestralmente, alomenos, sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade, sobre o programa de producción e evolución probable do emprego na empresa.

2. Coñece-lo balance, as contas de resultados, a memoria e en caso de que a empresa revista a forma xurídica de sociedade por accións ou participacións, dos demais documentos que se dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións que a estes.

3. Emitir informe con carácter previo á execución por parte da empresa das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Reestructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reducción da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Plans de formación profesional na empresa.

d) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control de traballo.

e) Estudio de tempos, establecementos de primas ou incentivos ou valoración de postos de traballo.

4. Emitir informe cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

5. Coñece-los modelos de contratos de traballo escritos que se utilicen na empresa, así como os documentos relativos á terminación da relación laboral.

6. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas graves.

7. Coñecer trimestralmente, alomenos, as estatísticas de índices de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias e os estudios periódicos ou especiais do ambiente laboral e os mecanismos de prevención que se utilicen.

8. Exercer un labor de vixilancia das normas laborais de Seguridade Social de tódolos pactos, condicións e usos das empresas exercendo as accións legais oportunas, así como nas condicións de seguridade e hixiene.

9. Colaborar coa dirección para conseguir cantas medidas leven ó incremento da productividade.

10. Informa-los seus representados de todo o estipulado no presente convenio.

11. Por acordo entre empresa e os representantes legais dos traballadores, poderase acumular trimestralmente as horas sindicais que marca a Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 41º.-Candidatos ás eleccións sindicais.

As empresas facilitarán o proceso electoral tal e como se menciona na normativa ó respecto. Así mesmo, non poderán represaliar a ningún traballador que se presente a candidato ás eleccións, por motivo da presentación da candidatura.

Capítulo IX

Saúde laboral e condicións de traballo

Artigo 42º.-Plan de prevención.

Todo centro de traballo será dotado dun plan de prevención con vixencia anual ou plurianual así como dos servicios técnicos necesarios en función das características dos riscos laborais presentes no centro, para a súa realización.

As representacións legais dos traballadores e das organizacións asinantes participarán na súa elaboración, seguimento e avaliación.

Este plan supón:

-A elaboración de mapas de risco.

-A determinación dos riscos existentes, a súa gravidade e extensión.

-A fixación de obxectivos preventivos.

-A determinación de recursos humanos e económicos para levalo a cabo.

-Os prazos ou fases do seu desenvolvemento.

-A forma de intervención sindical na súa elaboración, control e avaliación.

-Un plan complementario de formación dos traballadores e os seus representantes.

No caso de centros de traballo moi pequenos, este plan poderá establecerse para varios centros pertencentes a empresas ou sectores de actividades similares, neste caso participarán as centrais sindicais asinantes.

Artigo 43º.-Comités de saúde, seguridade e condicións de traballo.

En todo centro de traballo de máis de 50 traballadores no cadro de persoal, constituirase un comité de saúde, seguridade e condicións de traballo que estará formado polos delegados de prevención e polo mesmo número de representantes do empresario, sendo a actuación deste órgano colexiada. Este será un órgano de participación e diálogo continuo para elaborar, controlar e avalia-los plans ou programas de prevención, así como o control dos servicios de prevención internos e externos á empresa.

Artigo 44º.-Avaliacións ambientais.

Todo posto de traballo con risco de exposición a axentes químicos ou físicos, deberá se avaliado nun prazo non superior a seis meses. Os resultados desta avaliación deben ser comunicados ó traballador/es afectados e ós delegados de prevención, así como quedar convenientemente arquivados.

Ata que non existan valores europeos e/ou nacionais, os valores límites a partir dos cales se deberán aplicar medidas correctoras, serán os utilizados polo Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo e os gabinetes provinciais de seguridade e hixiene.

Artigo 45º.-Comité de seguridade e hixiene no traballo.

As empresas obríganse ó cumprimento inescusable das normas de seguridade e hixiene no traballo, en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias de urxencia, duchas, etc., de conformidade coa ordenanza de seguridade e hixiene no traballo vixente.

A tal efecto designaranse vixilantes de seguridade e hixiene que estarán compostos polos seguintes membros:

-Empresas de 0 a 25 traballadores: 1 membro.

-Empresas de 25 a 50 traballadores: 2 membros.

-Empresas de 50 a 100 traballadores: 4 membros.

-A partir de 100 traballadores: constituirase un comité de seguridade e hixiene.

O comité será elixido por tódolos traballadores do cadro de persoal.

As funcións do comité de seguridade e hixiene serán asegura-los dereitos dos traballadores en canto ás cuestións relacionadas coa seguridade e hixiene no traballo fixadas pola lei ou convenio entre partes. Os membros do comité non terán dereito a horas sindicais retribuídas. Os membros do comité de seguridade e hixiene terán dereito á asistencia a cursos que sexan convocados para o efecto polo gabinete provincial na forma e efectos que este determine.

Capítulo X

Disposicións varias

Artigo 46º.-Excedencias.

Poderán solicitar excedencia tódolos traballadores que leven como mínimo un ano ó servicio da empresa. A duración da excedencia poderá ser de un ano a cinco anos. A petición de excedencia farase por escrito cun mes de antelación e resolta pola empresa afirmativamente cando non se cubrise con contrato de interinidade. Nos demais casos aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 47º.-Seccións sindicais.

Naquelas empresas de 50 ou máis traballadores, de acordo entre a empresa e os seus traballadores, poderá adoptarse a constitución de seccións sindi

cais na modalidade que estas decidan, consonte coa Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 48º.-Revisión médica.

En tódalas empresas afectadas polo presente convenio, efectuarase unha revisión médica anual para tódolos traballadores. Estas revisións correrán a cargo da mutualidade correspondente ou da propia Seguridade Social.

Artigo 49º.-Liquidacións.

Todo traballador ó cesar na empresa poderá somete-lo recibo de liquidación ou documento que poña fin á relación laboral, antes de asinalo, á supervisión do comité de empresa ou delegado de persoal e no seu defecto á do sindicato ó que estea afiliado.

Artigo 50º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria estará integrada por seis representantes dos traballadores e seis representante dos empresarios, os cales designarán entre si dous secretarios. Cada parte poderá designar asesores permanentes ou ocasionais.

1. Funcións de interpretación.

A comisión poderá acorda-la designación dun ou máis árbitros externos para a solución dun conflicto determinado. Tamén poderá delega-las súas funcións en comisións provinciais ou locais dentro do mesmo ámbito do convenio.

A comisión deberá mediar, conciliar ou arbitrar coñecendo e dando solución a cantas cuestións e conflictos colectivos lles sexan sometidos ás partes.

As cuestións e conflictos serán presentados á comisión paritaria a través das súas organizacións empresariais e sindicais asinantes do convenio. Os conflictos colectivos, ou o intento de solución das diverxencias laborais a través da comisión paritaria, terá carácter preferente sobre calquera outro procedemento, constituíndo trámite preceptivo, previo e inescusable para o acceso á vía xurisdiccional nos conflictos que xurdan, directa ou indirectamente con ocasión da interpretación ou aplicación do convenio colectivo.

2. Funcións de vixilancia.

As empresas están obrigadas a facilitar aquela información que, por solicitude de alomenos o vintecinco por cento dos membros da comisión paritaria se lles requira sobre os seguintes aspectos:

-Cumprimento das disposicións deste convenio nas pequenas empresas.

-Subcontratación.

-Economía somerxida.

Artigo 51º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas e absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal, en cómputo anual, salvo que expresamente se pacte o contrario. Todo iso segundo o disposto na O.M. do 22-11-1973,

no seu artigo 10, punto 2º, que desenvolve o Decreto 2380/1973, sobre ordenación do salario.

Garantía ad personam. As retribucións salariais totais que á sinatura do presente convenio teñan establecidas as empresas afectadas por este, serán respectadas na súa totalidade.

Disposicións transitorias

Primeira.-O aumento do presente convenio para 2002 será dun 4% en tódolos conceptos retributivos a 31-12-2001 (salario base e gratificación de carencia de incentivos), quedan exceptuadas as axudas de custo que xa quedaron fixadas anteriormente. No ano 2003 o incremento será do IPC correspondente ó 2002 real do 2002+0,5%. Constatado o IPC as partes reuniranse para actualiza-los salarios, as axudas de custo e fixa-lo calendario laboral.

Segunda.-Os atrasos derivados do presente convenio serán aboados na nómina do mes seguinte ó da súa publicación.

Terceira.-O presente convenio é asinado pola Asociación Provincial de Talleres de Reparación de Vehículos de Ourense (Atave), a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (Acauto) e a Asociación de Instaladores Eléctricos de Ourense (Instalectro). Por parte sindical as centrais UGT, CIG e CC.OO. con capacidade e lexitimidade suficiente de conformidade co artigo 87 do ET.

Cuarta.-Ascensos. Co fin de promove-la formación dos traballadores e o ascenso de categorías, a comisión paritaria deste convenio elaborará no prazo máximo de dous meses un plano de ascensos para o sector, baseado en anos de traballo no oficio e na superación dunhas probas-exames teórico-prácticas, que a comisión paritaria elaborará para cada subsector de siderometalúrxica.

Quinta.-Ámbalas partes asinantes do presente convenio comprométense a elaborar durante a súa vixencia un plan de actuación de cara á formación dos traballadores, consistente fundamentalmente en facer un estudio da realidade do sector en canto ás súas necesidades, mellora da productividade, cursos de formación, áreas que comprenderá, reciclaxe, tecnoloxía punta e todos aqueles aspectos que eleven a cualificación técnica tanto dos traballadores como das empresas.

Sexta.-No non previsto no presente convenio, aplicarase o disposto na ordenanza laboral de traballo para as industrias de siderometalurxia e talleres de reparación de vehículos, que ámbalas partes acordan manter como lexislación subsidiaria para o non previsto no Estatuto dos traballadores.

Sétima.-A comisión paritaria do presente convenio comprometerase, a partir do 20 de xaneiro do ano 2004, a reunirse co fin de trata-lo artigo referente ó tema da antigüidade e outros asuntos de interese para as partes.

Táboa salarial 2002.

Grupos e categorías profesionaisSalario baseGratificación carencia

de incentivos

EurosPesetasEurosPesetas

* Persoal obreiro
Peón20,753.4535,44905
Lavador-engraxador20,753.4535,44905
Especialista20,783.4585,70947
Oficial 3ª20,833.4655,90982
Oficial 2ª20,833.4666,281.045
Oficial 1ª20,853.4697,201.998
Oficial 1ª montador20,853.4697,711.282
Traballador menor de 18 anos12,402.0633,13520

* Persoal subalterno
Almaceneiro20,753.4535,44905
Probador20,873.4736,281.045
Listeiro20,833.4655,90982
Recepcionista20,753.4535,44905
Pesador de básculas20,753.4535,44905
Vixilante20,753.4535,44905
Ordenanza20,753.4535,44905
Porteiro20,753.4535,44905
Conserxe20,753.4535,44905
Chofer turismo20,833.4666,281.045
Chofer camión20,853.4697,231.202
Dependente auxiliar maior 25 anos20,833.4655,90982
Dependente principal maior 25 anos20,833.4655,90982
Telefonista20,873.4745,90982

* Persoal técnico
Mestre taller26,044.3337,781.295
Xefe taller26,044.3349,131.518
Contramestre26,044.3347,781.295
Encargado26,044.3347,781.295
Titulado medio26,044.3349,131.518
Titulado superior27,264.5359,611.598
Delineante proxectista23,663.9379,131.518
Delineante 1ª23,613.9287,181.194
Delineante 2ª20,853.4697,201.198
Calcador reproductor20,833.4655,90982
Técnico de laboratorio23,663.9377,781.295
Analista23,663.9377,781.295

* Persoal administrativo
Auxiliar administrativo20,833.4655,90982
Oficial administrativo 1ª20,853.4697,201.198
Oficial administrativo 2ª20,833.4666,281.045
Xefe administrativo 1ª20,853.4697,711.282
Xefe administrativo 2ª20,853.4697,231.202
Caixeiro20,833.4666,281.045
Xefe de almacén20,853.4697,231.202
Xefe de contabilidade20,853.4697,711.202
Viaxante e vendedor20,833.4655,90982
Xefe de laboratorio26,044.3349,131.518
ATS26,044.3349,131.518

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE