Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 16 de decembro de 2002 Páx. 17.267

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 8 de novembro de 2002 pola que se acorda a cesión en propiedade de vehículos todoterreo, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, a favor de diversos concellos.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de mellorar e garantir unha axeitada protección dos bens e das persoas e sendo consciente da magnitude e transcendencia dos valores que están en xogo nas situacións de emerxencia, así como das necesidades que se xeran e dos recursos humanos e materiais que é preciso mobilizar, cédelles en propiedade vehículos todoterreo ós concellos e mancomunidades de concellos galegos da Estrada, A Golada, A Guarda, A Gudiña, A Mezquita, A Rúa, Abegondo, Allariz, Arteixo, Barbadás, Becerreá, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Bueu, Camariñas, Cangas, Carnota, Cartelle, Chantada, Coles, Esgos, Ferrol, Fisterra, Lalín, Laza, Lobios, Mancomunidade do Navea-Bibei, Mancomunidade do Valmiñor, Mañón, Marín, Melide, Miño, Moaña, Monforte de Lemos, Monterroso, Mos, Muíños, Muxía, Narón,

Negreira de Ramuín, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, O Saviñao, Ordes, Ourense, Outes, Pereiro de Aguiar, Poio, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Quiroga, Redondela, Rianxo, Ribeira, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Taboada, Tui, Verín, Viana do Bolo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Xove.

Os vehículos que por esta orde se ceden en propiedade, veñen sendo usados polos citados concellos e mancomunidades de concellos para misións de protección civil, en virtude de diversos convenios asinados cos mesmos entre os anos 1992 a 1998 e con fin de transmiti-la titularidade, observarase o establecido nos artigos 31 e seguintes do Regulamento xeral de vehículos (Real decreto 2882/1998) e demais normativa aplicable.

Esta cesión de bens mobles está permitida pola Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, sempre que se dediquen a fins de utilidade pública ou interese social, esixindo o Decreto 50/1989, polo que se aproba o regulamento da citada Lei 3/1985, que a orde de cesión exprese a finalidade concreta á que as entidades beneficiarias deben destina-los bens, así como as súas condicións.

Na súa virtude, e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto da presente orde é acorda-la cesión en propiedade de varios vehículos todo-terreo (determinados no anexo) a favor dos concellos e mancomunidades de concellos galegos da Estrada, A Golada, A Guarda, A Gudiña, A Mezquita, A Rúa, Abegondo, Allariz, Arteixo, Barbadás, Becerreá, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Bueu, Camariñas, Cangas, Carnota, Cartelle, Chantada, Coles, Esgos, Ferrol, Fisterra, Lalín, Laza, Lobios, Mancomunidade do Navea-Bibei, Mancomunidade do Valmiñor, Mañón, Marín, Melide, Miño, Moaña, Monforte de Lemos, Monterroso, Mos, Muíños, Muxía, Narón, Negreira de Ramuín, Noia, O Barco de Valdeorras, O Grove, O Saviñao, Ordes, Ourense, Outes, Pereiro de Aguiar, Poio, Pontecesures, Pontevedra, O Porriño, Quiroga, Redondela, Rianxo, Ribeira, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Sarria, Taboada, Tui, Verín, Viana do Bolo, Vila de Cruces, Vilagarcía de Arousa, Vilalba, Xove.

Artigo 2º.-Condicións da cesión.

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) Os bens cedidos destinaranse a fins de protección civil do concello, tal e como esixe o artigo 35 bis da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e o artigo 96 bis do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento.

b) Coa cesión outórgaselle a propiedade do vehículo ó concello, comprometéndose a:

-Realizar ante a Xefatura Provincial de Tráfico os trámites precisos para o cambio da súa titularidade.

-Comunicar, no prazo de tres días, á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, ter feito o trámite anterior, achegando copia compulsada na que conste o cambio de titularidade.

Artigo 3º.-Formalización da cesión.

A cesión formalizarase mediante acta subscrita polo secretario xeral desta consellería ou funcionario en que delegue e polo órgano competente dos diferentes concellos debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Artigo 4º.-Facultades de control, vixilancia e reversión.

1. Se os bens cedidos non se aplicasen ó fin sinalado ou deixasen de estalo con posterioridade, se se descoidasen ou utilizasen con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e os bens reverterán á Comunidade Autónoma, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou das deterioracións que experimentasen.

2. Á consellería cedente corresponderanlle as facultades de control e vixilancia da cesión, así como, se é o caso, a resolución dos expedientes de reversión.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Interior e Protección Civil para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde, así como para realiza-los trámites necesarios para a súa efectividade.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2002.

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións

Laborais

ANEXO I

Relación de vehículos todoterreo cedidos en propiedade ós concellos galegos e mancomunidades de concellos galegos para realizar actividades de protección civil.

*Marca e modelo: Nissan Patrol longo, teito alto 4C. TD, 9 prazas.

CONCELLO DESTINATARIOMATRÍCULANÚMERO DE BASTIDOR

A ESTRADAC-9581-BHVSKAYG260U0583755

A GOLADAC-5375-BPVSKAYG260U0595363

A GUARDAC-5374-BPVSKAYG260U0595411

A GUDIÑAC-9573-BHVSKAYG260U0583761

A MEZQUITAC-9837-BTVSKAYG260U0598366

A RÚAC-9578-BHVSKAYG260U0583714

ABEGONDOC-9826-BTVSKAYG260U0598493

CONCELLO DESTINATARIOMATRÍCULANÚMERO DE BASTIDOR

ALLARIZC.5379-BPVSKAYG260U0595324

ARTEIXOC-9628-BLVSKAYG260U0590439

BARBADÁSC-9834-BTVSKAYG260U0598347

BECERREÁC-9636-BLVSKAYG260U0589916

BETANZOSC-7325-BPVSKAYG260U0595693

BOIROC-7345-CJ

C-9632-BL

VSKAVU260U0617555

VSKAYG260U0589914

BOQUEIXÓNC-9824-BTVSKAYG260U0598365

BUEUC-2058-BGVSKAPG260U0578457

CAMARIÑASC-9825-BTVSKAYG260U0598393

CANGASC-2059-BGVSKAPG260U0578554

CARNOTAC-9629-BLVSKAYG260U0590442

CARTELLEC-5377-BPVSKAYG260U0595393

CHANTADAC-9828-BTVSKAYG260U0598342

COLESC-9832-BTVSKAYG260U0598345

ESGOSC-9833-BTVSKAYG260U0598368

FERROLC-9635-BLVSKAYG260U0589922

FISTERRAC-7327-BPVSKAYG260U0595667

LALÍNC-9583-BHVSKAYG260U0583757

LAZAC-2055-BGVSKAYG260U0578121

LOBIOSC-9836-BTVSKAYG260U0598391

MAN. VAL-MIÑORC-9839-BTVSKAYG260U0598344

MANC. NAVEA-BIBEIC-9633-BLVSKAYG260U0589882

MAÑÓNC-7326-BPVSKAYG260U0595648

MARÍNC-6343-BSVSKAYG260U0595672

MELIDEC-7323-BPVSKAYG260U0595673

MIÑOC-9580-BHVSKAYG260U0583754

MOAÑAC-2060-BGVSKAPG260U0578557

MONFORTE DE LEMOSC-9631-BLVSKAYG260U0589917

MONTERROSOC-9829-BTVSKAYG260U0598343

MOSC-9630-BLVSKAYG260U0588246

MUÍÑOSC-5376-BPVSKAYG260U0595273

MUXÍAC-2053-BGVSKAYG260U0565120

NARÓNC-9575-BHVSKAYG260U0582099

NOGUEIRA DE RAMUÍNC-9835-BTVSKAYG260U0598346

NOIAC-9840-BTVSKAYG260U0598319

O BARCO DE VALDEORRASC-9579-BHVSKAYG260U0583742

O GROVEC-2056-BGVSKAPG260U0578453

O SAVIÑAOC-5373-BPVSKAYG260U0595341

ORDESC-9827-BTVSKAYG260U0598321

OURENSEC-9627-BLVSKAYG260U0589730

OUTESC-7324-BPVSKAYG260U0595691

PEREIRO DE AGUIARC-9584-BHVSKAYG260U0583758

POIOC-6341-BSVSKAYG260U0595671

PONTECESURESC-6342-BSVSKAYG260U0597520

PONTEVEDRAC-9582-BHVSKAYG260U0583756

O PORRIÑOC-9585-BHVSKAYG260U0583759

QUIROGAC-9830-BTVSKAYG260U0598367

REDONDELAC-9838-BTVSKAYG260U0598422

RIANXOC-9634-BLVSKAYG260U0589764

RIBEIRAC-6274-CJ

C-9574-BH

VSKAVU260U0617558

VSKAYG260U0583710

SANTIAGO DE COMPOSTELAC-9823-BTVSKAYG260U0598389

SANXENXOC-2054-BGVSKAYG260U0577390

SARRIAC-9576-BHVSKAVG260U0583709

TABOADAC-9831-BTVSKAYG260U0598318

TUIC-9586-BHVSKAYG260U0583763

VERÍNC-2061-BGVSKAPG260U0578796

VIANA DO BOLOC-5378-BPSVKAYG260005952P4

VILA DE CRUCESC-2057-BGVSKAPG260U0578456

VILAGARCÍA DE AROUSAC-6344-BSVSKAYG260U0595690

VILALBAC-5380-BPVSKAYG260U0595343

XOVEC-9577-BHVSKAYG260U0583713