Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIMIANZO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2002, referente á convocatoria para cubrir unha praza de arquitecto superior vacante no cadro de persoal do Concello de Vimianzo, convocatoria de ingreso. Sistema selectivo: concurso-oposición libre.

No BOP da Coruña número 258, con data do 11 de novembro de 2002, publicáronse integramente as bases rectoras do proceso selectivo para cubrir unha praza de funcionario de carreira, coa categoría de arquitecto superior, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores.

De conformidade co establecido no ordenamento xurídico e nas propias bases da convocatoria, o prazo de presentación de instancias é de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

O sistema de publicidade dos restantes acordos está previsto nas propias bases rectoras.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 233.3º da Lei 5/1997, do 22 de xullo.

Vimianzo, 13 de novembro de 2002.

Alejandro Rodríguez Lema

Alcalde