Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación da execución das obras do proxecto de acondicionamento do contorno de Vigozoo (fase 1).

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Medio Ambiente. Nº de expediente: 1524/406.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras da primeira fase do proxecto de acondicionamento do contorno de Vigozoo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 161.770,02 euros.

5. Garantías provisionais: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións:

11. Gastos dos anuncios: pagaraos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 28 de novembro de 2002.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde