Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.232

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de concurso, polo procedemento aberto, para contrato de acordo marco de subministración de obsequios e artigos publicitarios e de promoción para as campañas de doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia.

A Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, para dar cumprimento os artigos 9º e 10º da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación resolve convoca-lo seguinte concurso público.

1. Entidade adxudicadora. Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 69 00, fax 981 59 31 51.

2. Obxecto e orzamento do contrato: adquisición de artigos publicitarios para promoción da doazón e obsequio ós doadores de sangue para as campañas de doazón do Centro de Transfusión de Galicia.

Orzamento: 100.000 euros para a adquisición de 130.000 unidades.

Duración: un ano desde a data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: acordo marco de subministracións, procedemento aberto, adxudicación por concurso.

4. Fianzas e garantías: garantía definitiva por importe do 4% do valor de cada adxudicación.

5. Documentación de interese para os licitadores: os pregos de condicións xurídicas e de condicións técnicas particulares pódense solicitar no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n, 15706 Santiago de Compostela en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

6. Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do día 30 de decembro de 2002.

7. Dara de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada en acto público na sala de xuntas do Centro de Transfusión de Galicia, a partir das 10 horas do día 13 de xaneiro de 2003.

8. Anuncios: os anuncios deste concurso serán por conta do/s adxudicatario/s do contrato.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2002.

Carlos Areal Méndez

Director técnico da Fundación Pública

Centro de Transfusión de Galicia