Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO (63/2002).

A Comisión de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 8-10-2002, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 54, sita en Pastoriza, promovido por Ramiro Martínez Suárez, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Durante o devandito prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido persoándose nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presenta-las alegacións que estimen convenientes.

Ó mesmo tempo e ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación dalgún ou intentada a mesma non se houbese podido practicar, sirva o presente de notificación, ca finalidade e alcance que se contemplan no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Arteixo, 21 de outubro de 2002.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde