Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-3/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 9 de setembro de 2002, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle en vistas á reforma do edificio administrativo de servicios múltiples, situado na rúa Salvador de Madariaga, s/n, promovido pola Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia, sen prexuízo da necesidade de que o promotor presente catro copias dun novo documento conforme o sinalado no informe municipal do 5 de agosto de 2002.

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, en virtude do artigo 48.2º LSG.

Terceiro.-Notificar á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública da Xunta de Galicia, como promotor do documento.

Cuarto.-De conformidade co artigo 48.3º LSG, comunica-lo presente acordo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Daráselle debido traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do novo documento que terá que presenta-lo promotor trala aprobación definitiva.

Contra o anterior acordo, cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, ben que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses, contados do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 28 de outubro de 2002.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo