Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.227

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2002, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente 33/2002.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, 15405 Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: servicio de subministracións. Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 33/2002.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servicio.

b) Descrición do obxecto: contratación da explotación do servicio de perruquería para pacientes nos centros do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol.

c) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 162, do 23 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Canon: a cantidade anual mínima que deberá aboa-lo contratista será de 200 euros.

-175 euros, canon pertencente ó Hospital Arquitecto Marcide.

-25 euros, canon pertencente ó Hospital Profesor Novoa Santos.

5. Adxudicación.

a) Data: 1 de outubro de 2002.

b) Contratista: Servicios Hospitalarios Funciona, S.L.

Canon mínimo anual: 200 euros.

Ferrol, 8 de novembro de 2002.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol