1. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas, cubertas e instalación de auga no bloque 15 do Birloque, polígono de Elviña, A Coruña.
b) Prazo de execución: 3 meses.
2. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
3. Orzamento base de licitación.
Importe total: douscentos mil oitenta e dous euros con trinta e oito céntimos (200.082,38 A), IVE incluído.
4. Garantías.
a) Provisional: exenta.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
5. Requisitos específicos do contratista.
Clasificación: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.
6. Obtención de documentación.
-Copistería Copy Nino.
Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela.
Teléfono: 981 58 89 38.
-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet no enderezo:
http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2110
7. Presentación das ofertas.
As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.
8. Posibilidade de variantes.
Admítense.
9. Apertura das ofertas.
A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto
público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (número 981 54 16 00) no mesmo día.
10. Gasto do anuncio.
O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.
P.D. (Resolución 6-4-1995)
José Antonio Redondo López
Director xeral do Instituto Galego
da Vivenda e Solo