Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2002 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras de construcción do conservatorio profesional de música de Pontevedra (36019700).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Secretaría Xeral. Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción do conservatorio profesional de música.

b) Lugar de execución: Pontevedra.

c) Prazo de execución: 10 meses.

d) Nº de expediente: SXCE 10/02/O.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.458.209,53 euros.

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Univesitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio adtvo. San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Enderezo: Rúa Nova, 19. Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2109.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos, e categoría: F.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario. Se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Rexistro Xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ver prego.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Sala de Plicas).

b) Enderezo: edificio adtvo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil a contar desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería

de Educación e Ordenación Universitaria