Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación dos contratos da obra RC-OU-02.24 e outra máis.

Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Tipo de contrato: administrativo.

Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 164, do 27-8-2002.

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: sinalización vertical na OU-402. Ourense.

b) Clave: RC-OU-02.24.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 388.015,20 euros.

3. Adxudicación.

a) Data: 14-10-2002.

b) Contratista: Dragados Obras y Proyectos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 337.573,23 euros.

1. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reforzo de firme na N-525 (A), travesía de Cudeiro. Ourense.

b) Clave: RC-OU-02.27.

2. Orzamento base de licitación.

Importe total: 71.492,71 euros.

3. Adxudicación.

a) Data: 14-10-2002.

b) Contratista: Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 60.411,34 euros.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Ourense, 18 de novembro de 2002.

P.D. (Decreto 87/1990, do 15 de febreiro)

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense