Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 2 de decembro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se citan os interesados que se relacionan para que comparezan ó outorgamento de escritura pública de venda.

Consonte co disposto no artigo 151 do Real decreto 1684/1990, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, e en relación cos procedementos recadatorios instruídos por esta Administración, que concluíron co alleamento de bens inmobles propiedade dos interesados que se relacionan, cítanse para que comparezan o vindeiro día 20 de decembro de 2002 ás 10 horas, ante o notario Nelson Rodicio, na rúa Juana de Vega, nº 9 da cidade da Coruña, co obxecto de outorgar escritura de venda a favor dos adquirentes.

1. Interesado: Consunión, S.L.

CIF: B-15403231.

Lg. Riotorto-Cores, nº 5.

Ponteceso (A Coruña).

Ben alleado: predio rústico denominado Campo de Riotorto, inmediato ó Cruceiro do mesmo nome, na parroquia de Cores, municipio de Ponteceso, de trece cuartillos, igual a 2 áreas 86 centiáreas, da que os datos rexistrais son os seguintes: libro 121, folio 113, predio número 10.667, do Rexistro da Propiedade de Carballo.

2. Interesado: Recanto, S.A.

CIF: A-15211121.

R/ Montserrat, nº 12.

A Coruña.

Ben alleado: chalet en construcción, sobre o soar nº 16 do bloque B, no lugar de Mera, parroquia de Maianca, concello de Oleiros, composta de soto (90 m), planta baixa (92,15 m) e alta (85 m) de 267,15 m de superficie útil total e 301,87 m de superficie construída. Forma unha soa unidade rexistral co resto do terreo de soar sen edificar (240,80 m). Predio nº 27.310, folio 60, libro 330, tomo 2.358 do Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña.

3. Interesado: Silvosa, S.L.

CIF: B-15050933.

R/ Azabachería, nº 29.

Santiago de Compostela (A Coruña).

Ben alleado: 1/14 parte do local baixo cuberta anexo á vivenda 3º D, destinado actualmente a rocho, situado na rúa das Salvadas, nº 29-31, municipio de Santiago de Compostela (A Coruña), predio 15.847 do Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela, tomo 1.127, libro 169, folio 146.

Así mesmo, deberán presentarse coa documentación acreditativa da súa representación e os títulos de propiedade correspondentes ó ben que se des

cribe, e expresamente advírteselles que, no caso de non compareceren á citación, otourgaranse de oficio as escrituras, no seu nome e a favor dos adxudicatarios.

A Coruña, 2 de decembro de 2002.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA