Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 13 de novembro de 2002, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Javier Fernández Cid).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse acordos de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38-ent., Ourense, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 13 de novembro de 2002.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

-Interesado: Javier Fernández Cid.

DNI: 34525064-V.

Rúa García Mosquera, 17-1º A, Ourense.

-Procedemento:

Devolución de ingresos indebidos.

Expediente: 6275/1997.

Doc.: 600702559513.