Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.205

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á construcción dunha piscina cuberta e climatizada en Bertamiráns, no concello de Ames (A Coruña).

Aprobado o expediente de contratación que a seguir se identifica, mediante resolución de data do 11 de decembro de 2002, procédese agora a efectua-lo anuncio da súa licitación.

Esta resolución constitúe acto de trámite para os efectos do parágrafo segundo do artigo 107 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Construcción dunha piscina cuberta e climatizada en Bertamiráns, no concello de Ames, (A Coruña).

a) Prazo de execución: vinteoito (28) meses.

b) Orzamento de execución por contrata: un millón seiscentos cincuenta e dous mil setecentos vinteseis euros con sesenta e tres céntimos (1.652.726,63 A).

c) Requisitos específicos do contratista:

Clasificación empresarial: grupo: C; subgrupo: todos; categoría: d.

3. Garantía provisional.

Dispénsase, en aplicación do disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e o previsto para o efecto no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

Fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas, prescricións técnicas e proxecto técnico poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares ós que se refire o parágrafo anterior poderán ser consultados na rede da Internet (www.xunta.es/contratación).

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carátula do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación á que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23 de decembro).

c) Lugar de presentación: o Rexistro de Documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou ser enviados por correo dentro do prazo de presentación de proposicións, caso no que se deberá cumpri-lo previsto no parágrafo segundo da cláusula 8ª das administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será de cargo do adxudicatario, o custo da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita, ata o importe máximo consignado no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte