Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.204

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (194/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social, se segue procedemento nº 194/2001, por instancia de Matilde Isabel Rodríguez Castro, contra Sergas e outros noventa máis, sobre outra índole,

estando o acto de conciliación e xuízo sinalado para o próximo día 20 de decembro de 2002, ás 9.30 horas, cítanse, en única convocatoria, os demandados Luis M. Muñiz Sobrido, Concepción Lourido Míguez e Milagros Formoso Fernández, en paradoiro descoñecido para que xunto con tódolos medios de proba de que se intente valer, compareza neste xulgado, sito na rúa Viena, polígono das Fontiñas, co fin de asistir á celebración do acto de conciliación e xuízo correspondente. Advertíndolle que as sucesivas dilixencias se lle notificarán nos estrados deste xulgado, agás aquelas que expresamente exceptúa a Lei de procedemento laboral e fáiselle saber que a copia da demanda está ó seu dispor na secretaría deste xulgado, en relación co artigo 304 da LAC en relación co artigo 292 da mencionada lei.

E para que conste e sirva de notificación e citación a Luis M. Muñiz Sobrido, Milagros Formoso Fernández e Concepción Lourido Míguez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA