Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.208

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/323).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. Souto II.

Situación: Sada.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 750 m de lonxitude, coa orixe no tramo de liña existente entre C.T. Santo e C.T. Arnela e final no C.T.C. Santo II, que se vai instalar.

Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 15/0,385-0,220 kV, Souto II, do que parte rede de baixa tensión subterránea, en conductor R.V. de 400 m e rede aérea sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 350 m que se conectan ás redes existentes. Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de novembro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña