Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2002 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 01/038 de profesor titular de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 01/038 convocada por Resolución do 19 de xullo de 2001 (BOE do 8 de setembro), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 22 de novembro de 2002.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: tecnoloxía do medio ambiente.

Praza nº: 01/038.

Comisión titular:

Presidente: Tejero Monzón, Juan Ignacio, catedrático de universidade Universidade de Cantabria.

Secretario: Suárez López, Joaquín, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Aguilo Alonso, Miguel Ángel, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Nebot Sanz, Enrique, profesor titular de universidade. Universidade de Cádiz.

Blanco Andray, Alfredo, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Moreno Grau, Stella, catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cartagena.

Secretario: Camieva del Val, Juan José, profesor titular de universidade. Universidade de Cantabria.

Vocais: Rodríguez Frutos, José Luis, catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

Rubio Sánchez, Agustín, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Ciza López, Jon Mario, profesor titular de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE PADRÓN