Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.203

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2002, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D) escala de axentes forestais, pola que se fan públicas as relacións de opositores declarados aptos no primeiro exercicio e se anuncia a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 5 de decembro de 2002, o tribunal nomeado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 25 de xuño de 2002 (DOG nº 130, do 8 de xullo) para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares técnicos da Xunta de Galicia (grupo D), escala de axentes forestais, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Publica-los resultados do primeiro exercicio da fase de oposición, na Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e no Centro de Asistencia Sanitaria do Monte do Gozo en Santiago de Compostela no que se celebrou o primeiro exercicio.

De conformidade co disposto na base II.2.1 a), da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os opositores que acadaron o resultado de apto.

Segundo.-Convoca-los aspirantes para a celebración do segundo exercicio da fase de oposición, que terá lugar o día 25 de xaneiro de 2003 ás 9 horas, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia en San Lázaro s/n-Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal. Así mesmo, deberán ir provistos de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2002.

Mª Lourdes Batán Aira

Presidenta do tribunal