Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.204

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de citación (466/2001).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón acordou citar a vde., co fin de que o vindeiro día 5 de febreiro de 2003, ás 10.30 horas, asista na sala de vistas deste xulgado á realización do xuízo de faltas arriba indicado, seguido por falta de estafa (623), en calidade de denunciado.

Fáiselle saber que deberá comparecer ó acto de xuízo con tódolos medios de proba dos que tente valerse (testemuñas, documentos, peritos...) e que poderá acudir asistido de letrado, aínda que este non é preceptivo.

Apercíbeselle de que, de residir neste termo municipal e non comparecer nin alegar xusta causa que llo impida, se lle poderá impoñer unha multa e recaendo sobre el o prexuízo ó que houber lugar en dereito e que, no caso de residir fóra deste termo, poderá dirixir escrito a este xulgado na súa defensa e apoderar outra persoa para que presente no dito acto as probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

En Padrón o seis de novembro de dous mil dous.

O secretario

Rubricado