Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 13 de decembro de 2002 Páx. 17.170

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de decembro de 2002 pola que se modifica o concerto educativo cos centros docentes privados de educación primaria e secundaria obrigatoria.

Por Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG do 18 de xullo) e corrección de erros (DOG do 8 de agosto) apróbanse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

Tendo en conta que o artigo 46.1º do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos establece que: «As variacións que se poidan producir nos centros por alteración do número de unidades ou por outras circunstancias individualizadas, darán lugar á modificación do concerto educativo sempre que tales variacións non afecten ós requisitos que orixinaron a súa aprobación».

Vistos os informes das delegacións provinciais correspondentes e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa.

Esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-lo concerto educativo cos centros docentes privados que se relacionan no anexo

I, sendo a composición resultante deles a que se indica no anexo II desta.

Segundo.-Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Provincia: A Coruña.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Centro: Nebrija-Pardo Bazán.

Concértanselle 6 unidades de educación primaria e 5 unidades de educación secundaria obrigatoria (2 do 1º ciclo e 3 do 2º ciclo), con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2002.

Concello: Santiago de Compostela.

Centro: Divino Maestro.

Transfórmase 1 unidade de padroado de educación primaria en 1 unidade privada de educación primaria, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2002.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Centro: Las Acacias.

Redúceselle 1 unidade do 1º ciclo de educación secundaria obrigatoria e concértaselle 1 unidade máis do 2º ciclo de educación secundaria obrigatoria, con efectos económico-administrativos de 1 de setembro de 2002.

ANEXO II

Provincia: A Coruña.

Nome do centro: Nebruja-Pardo Bazán.

Concello: As Pontes de García Rodríguez.

Primaria: 6.

Padroado:

1º Cl. ESO: 2.

Padroado:

2º Cl. ESO: 3.

Nome do centro: Divino Maestro.

Concello: Santiago de Compostela.

Primaria: 4.

Padroado: 2

1º Cl. ESO: 1.

Padroado: 1

2º Cl. ESO: 2.

Provincia: Pontevedra.

Nome do centro: Las Acacias.

Concello: Vigo.

Primaria: 7.

Padroado:

1º Cl. ESO: 3.

Padroado:

2º Cl. ESO: 4.