Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-48/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente do 22-10-2002, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 11 de novembro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-48/2002-PO.

Denunciado: José Manuel Villamor Guitar.

Último enderezo coñecido: Cubrián, 13, Palas de Rei (Lugo).

Feito denunciado: venda ambulante de gando porcino e falta de guía de orixe e sanidade pecuaria.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 212 do Decreto do 4-2-1955 e do artigo 3.2º do Real decreto 791/1979, do 20 de febreiro.

Precepto sancionador: artigos 212 e 224 do Decreto do 4-2-1955.

Sanción: 291,49 euros.