Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa (Oroso).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona dos Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa (Oroso-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 54/1991, do 14 de febreiro (DOG do 23 de febreiro), que a xunta local da zona, na súa reunión do 4 de outubro de 2002, unha vez introducidas as modificacións oportunas, á vista do resultado da enquisa das bases provisionais, aprobou as bases definitivas, que estarán expostas ó público no Con

cello de Oroso e na zona, durante o prazo de trinta días hábiles, de conformidade co que determina a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro.

Os documentos que se poden examinar no concello refírense á determinación do perímetro (predios da periferia que se incluíron e excluíron, superficies que se exceptúan por seren de dominio público e relación de predios excluídos), á clasificación de terras e a fixación de coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias e á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas das que se declara formalmente a súa titularidade.

Contra estas bases os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de

Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural dentro do prazo de trinta días, contado desde a notificación persoal ou publicación substitutiva, na delegación provincial desta consellería (edificio administrativo, praza Luis Seoane, s/n, 6ª planta, A Coruña), nas oficinas centrais da consellería (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 14 de outubro de 2002.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña