Por Resolución do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución, e por Resolución do 25 de setembro de 2002 declarouse a utilidade pública do parque eólico Álabe-Soán ampliación.
Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titu
lares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan nos concellos de Muras e O Valadouro (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.
As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:
(S.E.): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.
(S.P.): servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanente:
-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.
-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.
-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.
(S.V.): servidume de voo das pas dos aeroxeradores.
(P.E.): superficie de protección eólica afectadas pola seguinte limitación de dominio:
-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).
(O.T.): ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.
Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.
Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.
Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.
Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.
No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.
Lugo, 22 de novembro de 2002.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
ANEXO
Parque eólico Álabe-Soán ampliación
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Concello: MurasProvincia: Lugo
PREDIO PROPIETARIOS AFECCIÓN (M)
Nº Cultivo Lugar Nome e apelidos Enderezo S.E. S.P. S.V. P.E. O.T.
1A Monte baixo Silán Descoñecido 9.946
1B Monte baixo Silán Descoñecido 23.606 14.590
1C Monte baixo Silán Descoñecido 10.915 66.934 14.625 37.170
Concello: O ValadouroProvincia: Lugo
PREDIO PROPIETARIOS AFECCIÓN (M)
Nº Cultivo Lugar Nome e apelidos Enderezo S.E. S.P. S.V. P.E. O.T.
3 Monte baixo O Cadramón Descoñecido 3.350 13.399 4.500 28.060 6.681
CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E
DESENVOLVEMENTO RURAL