Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.122

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto de execución do parque eólico Álabe-Mareiro. (Expediente 060-EOL).

Por Resolución do 27 de decembro de 2001 da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, autorizáronse as instalacións electromecánicas e aprobouse o proxecto de execución, esta resolución foi modificada o 22 de abril de 2002 e por Resolución do 25 de setembro de 2002 declarouse a utilidade pública do parque eólico Álabe-Mareiro.

Esta declaración de utilidade pública, de conformidade co disposto no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no devandito artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, cos que non se chegou a un acordo e que se relacionan no anexo, para que comparezan no concello de Ourol (Lugo), como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento de actas previas á ocupación.

As afeccións designadas na relación de bens e dereitos son as seguintes:

(S.E.): superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

(S.P.): servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións subterráneas coas seguintes limitacións de dominio permanente:

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo comprendendo a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

(S.V.): servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

(P.E.): superficie de protección eólica afectadas pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 metros (construccións, árbores, postes ou outros).

(O.T.): ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario, se o estiman oportuno, cos gastos pola súa conta.

Así mesmo, advírteselles a tódolos interesados afectados que poderán formular alegacións por escrito nesta delegación provincial ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros na relación de bens e dereitos afectados.

Desta convocatoria darase traslado a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación individual, na que se lle sinalará día e hora para o levantamento de actas.

Esta publicación realízase igualmente, para os efectos que determina o artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación.

No expediente expropiatorio asumirá a condición de beneficiaria a empresa Acciona Eólica de Galicia, S.A.

Lugo, 22 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Parque eólico Álabe-Mareiro

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: OurolProvincia: Lugo

PREDIOPROPIETARIOSAFECCIÓN (M)

CultivoLugarNome e apelidosEnderezoS.E.S.P.S.V.P.E.O.T.

1Monte baixoFraga da PichaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37, Lugo

Cerdeiras, Miñotos, Ourol

3803103.118359

2Monte baixoFraga da PichaTomás Hermida López

Mª Orlita Hermida Barro

Ronda das Mercedes, 37, Lugo

Cerdeiras, Miñotos, Ourol

6252.0431.0846.5141.285

3Monte baixoFraga da PichaSinesio Porto CostaRúa Grande, nº 126, 1º, Celeiro, Viveiro1.59513663286

13Monte baixoMadriñánSinesio Porto CostaRúa Grande, nº 126, 1º Celeiro, Viveiro542651.791301

5Monte baixoPena D'AguaDescoñecido3.68717.7013.09821.64911.369

7Monte baixoCoto LeboreiroRamón Seijas OrolCorredoiras, nº 1, Miñotos, Ourol8911.7091.0116.8151.380

8Monte baixoMadriñánElías Basanta SanjurjoR/ Arquitecto Rey Pedreira, nº 6, 3º dta.

15011 A Coruña

22120381.861246

9Monte baixoMadriñánJosé Antonio Fernández PicoLeonte, nº 7, Miñotos, Ourol78213927051

12Monte baixoMadriñán Francisca Canto LópezZarza, nº 1, Miñotos, Ourol37011835139

64Monte baixoFraga da PichaFrancisca Canto LópezZarza, nº 1, Miñotos, Ourol32715627386714

14Monte baixoMadriñánMª Flora Sánchez FernándezR/ Lavandeira, 3, 5º G, Lugo519137288

16Monte baixoMadriñánPlácido Cabana CasabellaMontalbán, nº 3, Vieiro, Viveiro1.621786

69Monte baixoLamoixadaPlácido Cabana CasabellaMontalbán, nº 3, Vieiro, Viveiro8844729243.536790

17Monte baixoMadriñánJosé Antonio Fernández PicoLeonte, nº 7, Miñotos, Ourol1.420951

19Monte baixoLamoixadaCarmen Herbón RodríguezLeonte, nº 15, Miñotos, Ourol1352.023

24Monte baixoPedrazaRaquel Ramos Rouco

Ramón Basante Suárez

Rolando Rodríguez López

Porfirio López Pico

R/ Nicolás Cara, nº 61, 1º D, Viveiro

R/ Pedroso, nº 2, A Coruña

R/ Rodrigo A. de Santiago, nº 4, 5º dta. 15010 A Coruña

Leonte, nº 1, Miñotos, Ourol

5.0621.690

28Monte baixoPedrazaJosefa Ramil RúaCorredoiras nº 1, Miñotos, Ourol1.0729.3931.4288.3154.951

29Monte baixoPorto do PaoDaniel Costa Rouco

José Costa Rouco

Caxoto nº 9, Miñotos, Ourol

R/ Noia, 50, 4º dta., 15007 A Coruña

8103.8278405.9782.429

31Monte baixoChao da Pena D'AguaDaniel Costa RoucoR/ Caxoto, nº 9, Miñotos, Ourol3.74712.6423.37223.1836.682

33Monte baixoCotomouroNorte Forestal, S.A. (Norfor)R/ Paseo de Colón, 5-7, 36002 Pontevedra1.9394.1022.98820.9354.024

57Monte baixoPena D'aguaManuel Costa PenaCafé Restaurante La Chaumaz 1281

Ruffin Ginebra (Suiza)

20798

59Monte baixoPena D'AguaDescoñecido747243

65Monte baixoFraga da PichaFernando González TrigoCarmen, nº 10, Miñotos, Ourol25416219

66Monte baixoFraga da PichaElías Martínez FernándezFerreira, Miñotos, Ourol27615017

67Monte baixoFraga da PichaAquilino Gómez Mosquera Rúa Congreso, nº 181, B Ourense36616017