Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/430-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. residencia terceira idade.

Situación: concello de Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 278 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. Port 702 (Vila de Cruces) alimentando en bucle o C.T. que se proxecta na residencia da terceira idade, no concello de Vila de Cruces, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V, rematando no punto de inicio da liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra