Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/432-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. e R.B.T. Poboación.

Situación: concello de Campo Lameiro.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 126 m de lonxitude, con conductor R.H.Z. desde o apoio CH-1600/15 ata o mesmo apoio proxectado unha vez que entre e saia do C.T. que se proxecta nomeado Poboación, no concello de Campo Lameiro, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra