Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Latón II-Millora.
Situación: concello de Moaña.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 274 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde a L.M.T. GAG 806 (Latón) entre os CC.TT. Caiagua e Latón ata o C.T. que se proxecta nomeado Laón II, en Millora, no concello de Moaña, de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 818 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. proxectado. R.B.T., subterránea, de 26 m de lonxitude, con conductor tipo R.V., desde o C.T. proxectado.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 5 de novembro de 2002.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra