Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/426-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución na rúa C, polígono da Granxa, parcela 6.

Situación: concello do Porriño.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.005 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.T. existente na parcela 6 do polí

gono A Granxa, no concello do Porriño, alimentando o centro de distribución que se proxecta na rúa C, nas instalacións da empresa Graninter, rematando no punto de inicio da liña. Centro de distribución composto por celas SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra