Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 5 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/425-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución conexión C.H. A Ponte-Bora.

Situación: concello de Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 747 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio s/n da interconexión entre as liñas MUR 8114-Bora e MUR 8160-Almofrei ata o apoio de paso aéreo a subterráneo despois do C.T. da ITV de Bora, no concello de Pontevedra. Centro de distribución situado no exterior da ITV composto de tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 5 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra