Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 12 de decembro de 2002 Páx. 17.113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (559/2001-MA).

Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, fago saber que neste xulgado e co número 559/2001-MA se seguen autos de xuízo verbal entre as partes que se dirán, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte: «Vistos os presentes autos de xuízo verbal número 559/2001-MA, promovidos por Mapfre Mutualidad de Seguros y Reaseguros, representado polo procurador Julio López Valcárcel e defendido polo letrado Antonio Ruíz Permuy, contra José Manuel Núñez Conde declarado en rebeldía e contra o Consorcio de Compensación de Seguros defendido polo letrado Guillermo Díaz Gómez, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo desestima-la demanda presentada por Mapfre Mutualidad de Seguridade Seguros contra José Manuel Núñez Conde e Consorcio de Compensación de Seguros a quen debo absolver de tódolos pedimentos da demanda, con imposición de custas á parte demandante.

Notifíqueselle á parte a presente resolución e fágase saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación que haberá de prepararse ante este xulgado no prazo improrrogable de cinco días, contados desde o seguinte á súa notificación, presentado para o efecto o correspondente escrito, que se limitará a cita-la resolución apelada e a manifesta-la vontade de recorrer con expresión dos pronunciamentos que impugna.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Por todo iso, o ignorado paradoiro do demandado, José Manuel Núñez Conde, e para que produza os correspondentes efectos, líbrase o presente edicto na Coruña, trece de setembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA